VIVIR VILAMARÍN

Branding de eventos

Vivir Vilamarín é unha iniciativa creada co obxetivo de revitalizar os espazos agrarios do concello de Vilamarín a través da oferta de diversas actividades culturais (poesía, música, cine, obradoiros...). VV busca ser un punto de encontro entre o novo e o vello, o urbán e o rural, a cultura e o agro.

Baixo estas premisas plantexamos unha identidade que debe responder a tres necesidades fundamentais. Unha fácil lecturabilidade debido ó seu target, a sinxeleza na produción e a fácil adaptabilidade a aplicacións de formato artesanal.

Para conseguilo utilízase unha tipografía industrial personalizada, cos bordes suavizados e inspirada no antigo marcado de reses e sacos. A cor primaria da marca é vibrante, contemporánea pero tamén recoñecible (escudo de armas).

As aplicacións da marca crecen coa iniciativa grazas ó dinamismo e versatilidade do sistema compositivo.