NOVA FRONTEIRA

Branding

Beben da tradición pero non son tradicionais...

Nova Fronteira é unha banda de gaitas que aposta por expandir os límites da música tradicional galega mediante a inclusión nas súas composicións de instrumentos alonxados desta.

Para o deseño da súa imaxe, xógase co concepto de límite combinado cunha reinterpretación contemporánea da estética modernista, símbolo dunha das épocas máis innovadoras e esplendorosas da cultura galega, e o cromatismo do Atlántico.