PRESENTACIÓN

Somos un grupo de creativos e técnicos especializados en Deseño e Arquitectura, que comeza a súa actividade como colectivo no ano 2016.

Creamos conceptos icónicos a través da estratexia, implementando solucións sostibles, de alta calidade e enfocadas nas necesidades do usuario final.
A honestidade, a creatividade e as identidades culturais propias de cada proxecto reflíctense no noso xeito de traballar.

Entendemos o Deseño e a Cultura do Proxecto non só coma un sistema de pensamento para resolver problemas, senón tamén coma ferramentas que constrúen entendemento entre diferentes comunidades dentro do contexto global no que vivimos.

Foto del estudio 988.
“Engadimos valor á túa marca a través da comunicación visual e o deseño de espazos”
O noso compromiso

SERVIzOS

Deseño gráfico
e dixital

Identidade visual
Deseño editorial
Señalética & rotulación
Packaging
Tipografía
Ilustración
Fotografía
Deseño de eventos
Consultoría de deseño
Estratexia de marca
Logotipos
Naming
Guías de estilo
Dirección de arte
Publicidade
Libros
Revistas
Catálogos de arte
Memorias anuais
Infografías
Iconos
Retoque
Papelería
Displays
Pop-ups
Vinilos
Xestión de impresión
Deseño web
Aplicacións móviles
UX/UI
Visualización 3D
Modelado
Animación
Vídeo
Presentacións

Arquitectura
e mobiliario

Rehabilitación
Residencial
Pública concorrencia
Plans de urbanismo
Paisaxismo
Industrial
Edificios singulares
Retail
Reformas
Deseño de interiores
Arquitectura efémera
Espazos expositivos
Prototipos
Accesorios
Deseño de conceptos
ITEs*
Legalización de expedientes*
Informes técnicos*
Licencias e valoracións*
* Só para España

a NOSA
METODOLOxÍA

1. Empatizar

O deseño resolve problemas. Comprender o contexto é a base. A observación, a análise e a investigación dende diversas perspectivas son fundamentais nesta fase do proceso.

2. Definir

Pomos en común a información xerada, incluíndo a túa visión, co fin de construir categorías e conceptos chave cos que crear unha narración que permita acoutar o problema e así identificar espazos de oportunidade.

3. Idear

A partires deste punto e unha vez canalizadas as intuicións, xeramos e refinamos ideas coas que construir un sistema estratéxico.

4. Prototipar

Apoiándonos en datos reais, pomos a proba o sistema a través de prototipos evolutivos que usaremos como principal ferramenta de comunicación interna e que nos permitirán obter comentarios críticos pola túa parte.

5. Despregar

É o momento de definir solucións reais, sempre utilizando estándares de máxima calidade, coa que estamos obsesionados.

6. Evolucionar

Avaliamos os resultados finais. A información obtida permitirá seguir evolucionando o proxecto en caso de necesitalo e achegará coñecemento de cara a outros retos.

Ciclo metodológico

NÓS

Daniel Vila

Deseñador gráfico

Andrés Nóvoa

Arquitecto.
Colegiado COAG 4365

Iago Nóvoa

Arquitecto
e deseñador gráfico

Colaboracións
2016 - 2021

Cristina Escarda
Cintia Pousa
Laura Junco
Inca Rábade
Gabriel Alarcón
Kenin Ayni Hernández
Cristina Rey
Isaac González