FRANK

Branding

Rebranding para Frank Store, coñecida tenda ourensana de moda masculina.

O obxectivo é conseguir unha imaxe potente, capaz de trasmitir como valores fundamentais de marca a representación de calidade e masculinidade, mantendo o legado familiar da empresa.

Deste xeito, e collendo como referencia a heráldica patronímica, faise unha revisión a través dos singulares elementos que a compoñen, obtendo como resultado unha imaxe que transmite confianza e seguridade.

A tipografía escollida é unha sans-serif que mantén a robustez da tipografía anterior e engade un carácter máis neutro e actual.