FEED 19'

Branding de eventos

O FEED é o foro bienal de deseño gráfico en Galicia no que participan recoñecidos deseñadores de prestixio nacional e internacional.

A intención desta identidade gráfica é reflectir o concepto de conversa, multiplicidade de ideas e posta en común que caracterizan este tipo de eventos.

O identificador, elemento base do sistema visual, é un globo ou bocadillo que se reproduce e muta en paralelo a como o fan as opinións, ideas ou perspectivas dos distintos participantes do foro.