E-commerce e redeseño de marca para Pablo Martínez, luthier ourensán que dende 1992 fabrica instrumentos tradicionais de gran beleza e acabado.
A proposta inspírase na súa antiga profesión e a súa materia prima. A marca explora o concepto de unión entre tradición e modernidade a través dunha imaxe profesional, que represente a alta calidade dos seus artigos artesanais, e coherente coa tradición musical Galega.
Densenvólvese tamén unha ferramenta dixital enfocada á venda e presentación dunha gran variedade de produtos e adaptábel a calquera dispositivo. A experiencia de compra, interacción co usuario e xestión da páxina web prodúcense de xeito intuitivo.